Sign up to save your library
With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.
Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

Search for a digital library with this title
Title found at these libraries:
Library Name | Distance |
---|---|
Loading... |
Unha análise minuciosa e accesible a todos os públicos, que ofrece ferramentas prácticas para quen se pregunta polo propósito da existencia e como acadar unha felicidade estable e duradeira. Máis ca un libro de autoaxuda convencional, é un testemuño sincero de transformación persoal, resiliencia e autorrealización.
A partir dunha experiencia persoal de perda e crise existencial, o autor ofrécenos unha viaxe intelectual na procura de respostas, percorrendo a filosofía, a psicoloxía e a espiritualidade para desentrañar os misterios máis profundos da existencia humana.
Desde Aristóteles ata Viktor Frankl, pasando polo budismo, a Psicoloxía Positiva e a Terapia Cognitivo-Conductual, explóranse as diferentes perspectivas que intentaron definir o sentido da vida e a procura da felicidade.
Con unha prosa cálida pero rigorosa, o autor convida os lectores a reflexionar sobre o seu propio camiño, a cuestionar as crenzas que os limitan e a descubrir que a felicidade non é un destino afastado e imposible de acadar, senón unha construción diaria, constante e permanente.