Memorias dunha vaca marela

ebook

By Afonso Eiré

cover image of Memorias dunha vaca marela

Sign up to save your library

With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.

   Not today

Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

Download Libby on the App Store Download Libby on Google Play

Search for a digital library with this title

Title found at these libraries:

Library Name Distance
Loading...
"Eu son a Cachorra. Unha vaca. Pero non unha vaca calquera. Son unha vaca marela. Unha rubia galega. Unha vaca da casa, agora enxermada e marota...". Afonso Eiré fai reaparecer a Cachorra, aquela protagonista de Eu tamén fun coas vacas que, agora, nos fala directamente para contarnos a súa vida. Unha vida que tamén é a transformación dunha explotación gandeira, que vai desde a corte a un moderno estábulo, desde a gandería de subsistencia á explotación industrial, desde o traballar xunguidas ao carro e ao arado, ao tractor con aire acondicionado e música estereofónica. "Eu son a única vaca marela, a única vaca da casa que queda no lugar da Lucenza". E a Cachorra cóntao todo con ollos que o viron e coa sabedoría de vivilo. Nesta historia inventada, pero tremendamente real, descríbese tamén a transformación e o declive das aldeas. Coa mestría do narrador singular que é Afonso Eiré, de quen coñece do que fala e sabe contalo para enchernos de lembranzas. Tamén nos alporiza e nos enche de carraxe... ou nos fai soltar unha gargallada. A vida mesma, os amos retratados por unha vaca! A Cachorra fálanos dun tempo que foi e dun tempo que pasa. Memorias dunha vaca marela: o libro que as lectoras e lectores estaban agardando e que nunca esquecerán, pois veranse nel, dun xeito ou doutro, retratados. Deixouno escrito Castelao: "O día que saibamos o que vale unha vaca, Galiza quedará redimida".
Memorias dunha vaca marela