Vigo, abella da ribeira

ebook EDICIÓN LITERARIA--CRÓNICA E-book

By Manuel Bragado

cover image of Vigo, abella da ribeira

Sign up to save your library

With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.

   Not today
Libby_app_icon.svg

Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

app-store-button-en.svg play-store-badge-en.svg
LibbyDevices.png

Search for a digital library with this title

Title found at these libraries:

Loading...
«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Co formato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesas relatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dende mariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras e taberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunha cidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso. «As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un norai de palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un porto seguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cada texto de¨«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles está escrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén unha nova achega á identidade de Vigo, transformándoa, escribíndoa.» Oriana Méndez.
Vigo, abella da ribeira