Sign up to save your library
With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.
Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

Search for a digital library with this title
Title found at these libraries:
Library Name | Distance |
---|---|
Loading... |
Publicada por vez primeira, e traducida en Italia en 1957, Doutor Zhivago pasa por ser a obra máis mítica da literatura rusa do século XX. A súa publicación non foi posible en Rusia ata 1988, ao abeiro da soviética Perestroika, e o seu autor tivo que rexeitar o premio Nobel (1958) por presións das autoridades soviéticas, o que, xunto coa maxistral adaptación cinematográfica de David Lean, non fixeron máis que engrandecer este mito.A inesquecible paixón entre Yuri Andréyevich e Larisa Fiódorovna baixo o estrondo da vella Rusia imperial que se esboroa, cativou milleiros de lectores e lectoras en numerosas linguas, e agora por fin o fai tamén na nosa. Desde a Primeira Guerra Mundial, a Revolución rusa de 1917 e a posterior Guerra Civil de 1918 a 1920, acompañamos a Yuri e a Lara nos seus encontros e desencontros nos tempos incertos e terribles que lles tocou vivir.