Sign up to save your library
With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.
Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

Search for a digital library with this title
Title found at these libraries:
Library Name | Distance |
---|---|
Loading... |
En 1958, X. L. Méndez Ferrín sorprendía o mundo literario co seu primeiro libro de narrativa. Así o recibía o crítico M. Rabanal:«Logo de ler dun tirón, literalmente coa boca aberta, co pracer e a emoción gobernándome os pulsos, as enfeitizantes historias dun rapaz como Xosé Luís, sinto que se me inhiben as miñas pobres dotes críticas e que non acerto a proferir outra cousa que tatexantes eloxios.» E é que Méndez Ferrín escribía, a dicir de Cunqueiro, «con trazo moi seguro, vivo, obrigando o lector a ver os personaxes, a situación e o clima de misterio dunha única ollada». Mesturando con axilidade elementos aproveitados da tradición popular con elementos de vangarda, combinando mitos artúricos con outros de extracción grega, fundindo a realidade crúa e violenta con simbolismos, alegorías e fantasía, tal e como sinalou Bernardino Graña, o lector ou lectora non é quen de saber se habita nun mundo de insectos que se devoran ou de seres humanos extremadamente crueis. Saudado con entusiasmo, no seu día, por Otero Pedrayo, este libro, en palabras de Bernardino Graña, é inicial pero definitivo porque, con el, Ferrín comezou a ser narrador, a converterse nun novo mestre. E iso é posible porque, como apunta Xabier Cordal, «lemos a Méndez Ferrín co mesmo pracer desacougante que nos leva a reincidir en David Lynch ou Edgar Allan Poe».