Irmán do vento

ebook Fóra de Xogo

By Manuel Lourenzo González

cover image of Irmán do vento

Sign up to save your library

With an OverDrive account, you can save your favorite libraries for at-a-glance information about availability. Find out more about OverDrive accounts.

   Not today

Find this title in Libby, the library reading app by OverDrive.

Download Libby on the App Store Download Libby on Google Play

Search for a digital library with this title

Title found at these libraries:

Library Name Distance
Loading...
"Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."" Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, gañadora do Premio Merlín 2003, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra. Irmán do vento é a crónica da destrución inexorábel de todo canto Khaled é e de canto soña ser. Irmán do vento é tamén a narración emocionante da loita contra ese destino imposto e pola recuperación da dignidade e da esperanza. "Irmán do vento" é, pois, unha novela de aventuras, na que empregando dous narradores, un que introduce a acción e outro que é o protagonista, conta o que lle acontece a Khaled, un rapaz iraquí no medio da recente guerra. A acción transcorre, pois, en dous tempos; no primeiro un dos narradores dá conta de como o protagonista da historia entra na súa vida, e tempo despois se reencontra con el, para darlle a súa voz e relatar as condicións de vida do seu pobo en tempos de guerra. A novela reflicte cómo a infancia, o. sector máis inocente da sociedade, vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.
Irmán do vento